Conservas vexetais e marmeladas  

amieiro

O noso proceso
de elaboración

 

Elaboramos os nosos produtos a base de froitas e verduras de tempada. O proceso de elaboración das conservas é 100% artesanal e tradicional, non utilizando ningún tipo de aditivo químico na súa fabricación.

A gran calidade das froitas e verduras da terra, a boa selección das materias primas e o esmerado proceso de fabricación garanten unha maior conservación das propiedades e sabor das froitas e verduras, obtendo, sen dúbida, productos de gran calidade.

Os nosos produtos

Tódolos nosos produtos son de elaboración esmerada, artesanal e sen aditivos químicos.

Ao tratarse de conservas elaboradas con froitas e verduras de tempada e fabricación artesanal a súa producción é limitada, polo que non se garante a existencia durante todo o ano dalgúns produtos.

Conservas vexetais e marmeladas artesanais

A nosa tenda online

Dende a nosa web poderás mercar calquera tipo de produto.
Se tes algunha pregunta non dúbides en poñerte en contacto connosco.

Marmeladas

Ofrecemos unha gran variedade de marmeladas dende as máis tradicionais a outras máis innovadoras. 

Temos tamén unha pequena selección de marmeladas sen azucre engadido

Doces de froitas

Doces de froitas elaborados segundo receitas tradicionais da comarca do Ortegal.

Conservas Vegexetais

Elaboramos diferentes conservas vexetais, dende vexetais ao natural a outras elaboracións comacremas de verduras, salsa de tomate ou pisto