Conservas vexetais e marmeladas
Quen somos
Conservas vexetais e marmeladas Amieiro
Conservas Amieiro somos unha pequena empresa adicada á fabricación de conservas vexetais e marmeladas. Empresa innovadora nada no ano 2000 no corazón do Ortegal, Cariño, vila de longa tradición conserveira.
Detráis desta empresa está Ana Docanto Bouzamayor, socia de Conservas de Peixes La Pureza, empresa adicada, dende varias xeracións da mesma familia ó mundo das conservas de peixe.
Dende os nosos inicios a nosa filosofía é:
Artesanal: Tódolos produtos que elaboramos facémolos de maneira artesanal, todo o proceso de elaboración dende o lavado e pelado ata o envasado facémolo a man, con moito mimo e dedicación, mantendo así os aromas, sabores e propiedades das materias primas, e garantindo unha alta calidade no produto final.
Sen aditivos: Nas conservas que elaboramos non utilizamos ningún tipo de aditivo químico. Unha apropiada esterilización garante a seguridade do produto.
Ecolóxica: O 90% da materia prima que utilizamos para a elaboración dos nosos produtos é de procedencia ecolóxica.
Galega, de cercanía: Orgullosos da nosa terra galega e do entorno rural procuramos que a materia prima coa que elaboramos as conservas procedan de Galicia e o máis preto posible ás nosas instalacións. Selecionamos ós proveedores dentro dunha filosofía común á nosa: ecolóxico, natural, calidade e respeto ó medio ambiente.
Medio ambiente: A nosa prioridae é sempre un gran respeto ó medio ambiente e ó entorno natural.
Sostenibilidade: Cremos que é posible un desenrolo sostible para conseguir un benestar natural e de todos.
Calidade: Seguimos uns estritos controis de calidade ó longo de todo o proceso produtivo, baseándonos sempre nunha rigorosa selección das materias primas e unha esmerada elaboración para conseguir unha gran calidade nos nosos produtos.