Conservas vexetais e marmeladas

A tenda on line

Conservas vexetais e marmeladas artesanais

A nosa tenda on line

100% Artesanais

Elaboramos os nosos productos a base de froitas e verduras de tempada. O proceso de elaboración das conservas é totalmente artesanal e tradicional, non utilizando ningún tipo de aditivo químico na súa fabricación.

A gran calidade das froitas e verduras da terra, a boa selección das materias primas e o esmerado proceso de fabricación garanten unha maior conservación das propiedades e sabor das froitas e verduras, obtindo, sen dúbida, produtos de gran calidade.

A nosa producción e limitada, polo que non se garante a existencia durante todo o ano de algúns produtos.

Ofrecemos unha gran selección de marmeladas, dende aquelas máis tradicionais, que nos transportarán aos sabores das marmeladas das nosas avoas, a outras máis innovadoras.
Elaboradas con azucre de cana ecolóxica e froitas selecionadas de primeira calidade conquistarán os vosos padais.

Temos unha pequena escolma de marmeladas sen azucre engadido. Elaboradas con 100% froita, sen ningún tipo de edulcorante.

Mostrando tódolos 6 resultados

Doces de froitas elaborados segundo receitas tradicionais da comarca do Ortegal con froitas selecionadas e con azucre de cana ecolóxico:

O doce de caiota, tostado coma o que se facía fai moitos anos nas nosas casas.

Os doces de mazás, elaborados con mazás do Ortegal, moi propio en calquera mesa da nosa comarca.  

Mostrando tódolos 3 resultados

Grelos ao natural, selccionamos os mellores grelos das hortas galegas para que cheguen ata vós con todo o seu sabor.

Verzas refogadas elaboradas segundo unha receita da nosa veciña Portugal pero cun toque de innovación. Conquístaravos.

Salsa de tomate elaborada con tomates galegos e sen azucre engadido. Como feita na casa, lembraranos á cociña das nosas nais.

Pisto elaborado segundo unha receita cordobesa con vexetais galegos seleccionados. Gustaravos esta fusión de culturas.

Cremas de verduras caseiras e naturais. Elaboradas con vexetais seleccionados de primeira calidade. Moi saborosas, sans e nutritivas seducirán os vosos padais.

Mostrando tódolos 2 resultados

Mostrando tódolos 4 resultados

Mostrando tódolos 4 resultados

Ideal para agasallar a un ser querido ou calquera compromiso que teñades.

Amosámosvos algúns modelos de cestas e caixas que preparamos para vos. Tamén podedes facelas ao voso xeito, facémolas en diferentes tamaños e prezos, incluso, se queredes, engadindo conservas de peixe La Pureza.
Para calquera  cambio o suxerencia só tedes que poñervos en contacto connosco por teléfono ou correo electrónico.

Mostrando tódolos 2 resultados

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.